O salón de vodas, bautizos e comunións abre as súas portas este domingo

A concellería de Promoción Económica, BANASTRA e a Federación de Comercio, Hostalaría, Praza de Abastos e Servizos de Ponteareas ofertará todos os servizos e produtos precisos para facer dunha celebración o mellor recordo

A concellería de Promoción Económica en colaboración con BANASTRA, centro comercial aberto, e coa Federación de Comercio, Hostalaría, Praza de Abastos e Servizos de Ponteareas, convida a visitar o salón de vodas, bautizos e comunións que terá lugar este domingo 16 de febreiro de 11 a 20 horas.

O pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas acollerá vinte stands nos que atopar todo tipo de servizos e produtos de última tendencia da man de profesionais que convertirán en recordos máxicos as celebracións e eventos. Stands de maquillaxe, perruquería, calzado, roupa, personal weeding, animación, música, fotografía e vídeo, estilismo, estética, propostas gastronómicas e unha ampla e variada oferta para que o visitante atope todo o que precise.

Ademais, ao longo do día haberá actuacións, música, animación e sorteo de agasallos entre aqueles que soliciten orzamentos nos diferentes stands. O salón de vodas abrirá as súas portas para o público durante todo o día totalmente de balde.