A sala multiúsos do auditorio municipal énchese de música coa banda Reveriano Soutullo

Dará un concerto este domingo 23 de outubro ás 13.00 horas con entrada de balde ata completar aforo

O sala multiúsos do auditorio municipal énchese de música coa banda Reveriano SoutulloA música volve esta fin de semana á sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas. A banda de música Reveriano Soutullo súbese de novo este domingo 23 de outubro a este escenario no corazón da vila para cativar ao público cun repertorio preparado con moito agarimo. A actuación será ás 13.00 horas con entrada de balde ata completar aforo.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a todos os veciños e veciñas a achegarse ata a sala multiúsos e gozar do concerto da agrupación, que presentará un programa adaptado a todas as idades e a todos os públicos entre o que se pode escoitar música galega de sempre e pezas de compositores ponteareáns, pero tamén títulos máis modernos e contemporáneos.

A banda de música Reveriano Soutullo leva o nome do histórico compositor ponteareán, unha das figuras musicais máis influíntes e importantes de principios do século XX. A banda iniciou a súa andaina en 1996 baixo a batuta de José Fernández Prego e ten ás súas costas numerosos premios que ratifican a súa prolífica traxectoria. A banda está formada na actualidade por máis de 50 compoñentes e contra entre eles cun grupo de novas incorporacións que comparten os seus estudos na Escola da propia banda coa súa especialización en diferentes conservatorios.