O psicólogo e terapeuta familiar Carlos Lorenzo ofrecerá hoxe unha charla para as familias

Será no auditorio ás 19 horas e haberá servizo de canguraxe

Dentro da programación de charlas e cursos que a concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ofrece completamente de balde á comunidade educativa, esta tarde terá lugar a  charla “Coidado coa @ que impartirá o psicólogo e terapeuta familiar Carlos Lorenzo Alfaya.

Será ás 19 horas na sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo e as familias que desexen asistir contarán co servizo de canguraxe na entrada principal do auditorio.

Cristina Fernández salienta a importancia de formarnos e de obter información e ferramentas que nos axuden no día a día non só a educar e mellorar a nosa relación coas fillas e fillos se non tamén a poder ofrecerlles recursos que útiles para unha axeitada convivencia en sociedade.