O sábado, día 28 de marzo, ás 20:30 horas o auditorio Reveriano Soutullo acollerá a representación da obra de teatro “D.E.P.” a cargo de Malasobra Produccións.
Trátase dunha comedia na que se expón, de xeito satírico e humorístico, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza, mostrando así o lado máis cruel duns seres humanos ante a disputa de bens materiais nunha situación singular, xa que a súa nai aínda non está morta.
A entrada para este espectáculo será de balde.