O programa Cultura24 leva a música esta fin de semana a Santiago de Oliveira

 

O centro cultural acolle este domingo 12 ás 18.00 horas un concerto da Banda da Escola de Música Unión de Guláns

 

O programa Cultura24 leva a música esta fin de semana a Santiago de OliveiraA música chega a Ponteareas de novo esta fin de semana da man do Cultura24, un programa co que o Concello procura levar a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila. Nesta ocasión, a Banda da Escola de Música Unión de Guláns será a encargada de poñer a nota musical nun concerto este domingo 12 de xuño ás 18.00 horas no centro cultural Os muíños de Santiago de Oliveira.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural de balde protagonizada polas e polos intérpretes da escola de música dunha banda con máis de 150 anos de historia, o que a converte nunha das bandas de música máis antigas de Galicia.

 

Na actualidade, a Unión de Guláns está constituída por máis de 50 compoñentes, o 80% deles naturais e veciños e veciñas da parroquia de Guláns. Ademais, a maioría dos e das súas integrantes son mozos e mozas que ademais de participar na escola da banda estudan cursos profesionais de música.