O primeiro sábado de xullo acolle de novo o mercadillo de antigüedades, produtos de segunda man e quincalladas

Feriaponteareas-01Dende a concellería de comercio ábrese de novo o prazo de solicitudes, para poder vender o próximo  sábado 5 xullo, para o mercadillo de artesanía, artigos de segunda man e antigüedades, así como para aqueles veciños e veciñas de Ponteareas, que desexen  trocar ou vender a un mínimo  coste artigos  en desuso do fogar.

Aquelas persoas interesadas deben facela petición por rexistro do Concello, adxuntando a  documentación necesaria para dita venda, ademáis do pago da correspondente  taxa municipal. Poderán ter máis información nos teléfonos do Concello, 986661050/986640000 ou no correo electrónico atencionprimaria@ponteareas.es