O poeta Antonio García Teijeiro abre a nova tempada do ciclo literario Venres D_Letras

O público arroupou ao Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o poeta Antonio García Teijeiro, na súa vísita a Ponteareas dentro do  ciclo literario “Venres D_letras”, organizado pola Concellería de Cultura. Para inaugurar esta nova tempada o poeta e narrador Antonio García Teijeiro,que presentou unha antolóxica da súa obra para adultos: “Pasando as follas do tempo (Antoloxía poética 1987-2017)”, editada por Belagua. Trátase dunha escolma da que, con toda probabilidade, é a súa faciana menos coñecida: a súa poesía para adultos, agochada tras do enorme éxito dos seus traballos para a mocidade. Esta escolma abrangue dende os anos 80 ata a actualidade e representa un paseo polo interior do home.