O Pleno, cos votos de BNG, PSOE e PP, rexeita o recurso de Villar contra a compatibilidade de Mera

No mes de xullo o Pleno de Ponteareas, co informe favorábel do asesor xurídico municipal, autorizou a Roberto Mera a compatibilidade entre as súas funcións como concelleiro de goberno e o exercicio da avogacía. O Partido Popular foi a única forza que votou en contra.

No mes de agosto Villar recurríu o acordo e presentou unha queixa perante a Valedora do Pobo. Segundo o PP, a compatibilidade de Mera vulneraba a lei e debía ser anulado. No seu recurso e queixa Villar sinalaba que “es obvio que no es compatible el horario de concelleiro con una actividad privada de abogado” engandindo que “dedicarse al ejercicio de la abogacía es completamente incompatible con sus funciones”. Segundo o PP, Mera debía escoller a adicación exclusiva no Concello ou á avogacía ou ben acollerse a unha adicación só parcial. Ademais, os populares denunciaban a existencia de conflicto de intereses entre o cargo de concelleiro e o exercicio da avogacía que segundo o PP afectaba ao deber de imparcialidade e independencia esixible ao edil no goberno local.

No seu recurso, Villar remataba advertindo que “la actividad privada consistente en el ejercicio de la abogacía, en el presente caso, no debería ser compatible con el desempeño por el Sr. Mera de su trabajo como concejal, toda vez que esa función pública que desempeña puede verse menoscabada”.

En novembro o asesor xurídico e secretario municipal emitíu un informe rexeitando os argumentos de Belén Villar e aclarando novamente que a compatibilidade da avogacía e o cargo de concelleiro é legal ao estar permitida pola lei e amparada por sentenzas xudiciais e que a dedicación preferente de Mera ao concello estaba asegurada. Respecto ao conflito de intereses o asesor xurídico sinala que as afirmacións de Villar “baséanse en suposicións” e recorda que a Lei de Réxime Xurídico do Sector Público xa establece as causas de abstención por razóns de parentesco ou profesionais que obrigan aos funcionarios e cargos públicos a non intervir nos asuntos nos que poidan ter intereses. O asesor xurídico incluso decide introducir no acordo esa referencia ao deber de abstención por lei, a pesares de “que resulta obvia”, concluindo que por elo “o recurso debe ser rexeitado”.

No Pleno do pasado martes o recurso de Belén Villar foi rexeitado cos votos do BNG, PSOE e, sorprendentemente, cos votos do PP, quen podendo retirar o recurso preferíu mantelo e votar en contra. Coa súa postura, o PP aceptou agora a compatibilidade de Mera e que este poida exercer como avogado e concelleiro do goberno sen ningún límite engadido aos que xa prevé a lei. Villar pasou así de afirmar que “dedicarse al ejercicio de la abogacía es completamente incompatible con sus funciones” a dar o visto bo a adicación exclusiva de Mera e a súa actividade de avogado.

Tralo Pleno, o Alcalde remitíu un certificado do acordo á Valedora do Pobo para que arquive a queixa presentada por Belén Villar. Segundo Represas “debe ser a primeira vez que a Valedora recibe unha queixa que aos poucos días é rexeitada pola mesma persoa que a presentou”.