O Obradoiro Vocal “A Vila”, o coro xuvenil “Cantemos” e “Voces do Arrieiro” engailaron aos pontearáns coas súas voces.

A Vila Coro Cantemos Voces do Arrieiro entregaExitoso e engaiolante concerto do Día das Letras Galegas en Ponteareas. Este sábado pasadoO Obradoiro Vocal “A Vila”, o coro xuvenil “Cantemos” e “Voces do Arrieiro” ofreceron no Auditorio Reveriano Soutullo o concerto  “Cantos Galegos”, no que interpretaron un variado repertorio de cancións galegas coas que os mencionados grupos transmitiron a súa sensibilidade e calidade na interpretación vocal, marabillando a máis de 400 persoas que asistiron a este evento.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, destacou neste acto a importancia do Día das Letras Galegas, así como  importante  e necesaria para a cultura dun pobo é a súa expresión musical, sendo  Ponteareas unha vila que soa a música e que dá excelentes agrupacións que enorgullecen á nosa vila, como son os grupos que este Día das Letras Galegas honraron  á poesía e tradición popular coa súa música e canto.

Este concerto puxo o colofón final ao Día das Letras Galegas, día no que Ponteareas puido gozar de actividades de animación infantil para os máis cativos, a través da maxia, así como de actividades de exaltación do folclore e da música tradicional coa actuación do Grupo de Baile e Pandeireteiras Pedra da Garza, de Fozara.