O obradoiro de micromachismos aínda ten prazas dispoñibles

O taller terá lugar o mércores 25 de novembro ás 17:00 horas na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal

cartel-obr-micromachismosA concellería de Igualdade, xestionada por Verónica Carrera, vén de comunicar que obradoiro de micromachismos aínda conta con prazas dispoñibles para aquelas persoas interesadas en participar.

O taller correrá a cargo da dinamizadora social Lucía Veciño Souto e terá lugar na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal ás 17:00 horas do vindeiro 25 de novembro. Todas aquelas persoas interesadas poden consultar información no Centro de Información Muller (CIM), situado na rúa Oriente número 8, ou chamando ao número de teléfono 986 64 46 53.

O acto forma parte da programación que a propia concellería de Igualdade está organizando dende o pasado mes de outubro e que terá como meta final o propio 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e no que terá lugar, ademais, un acto institucional a partir das 12:00 horas no Centro Social da vila, lugar onde se ofrecerán diversas lecturas relacionadas con esta problemática.

Os micromachismos enténdense como prácticas de violencia que acontecen na vida cotiá, sutís, difíciles de percibir, pero que reflicten e perpetúan actitudes de desigualdade e inferioridade das mulleres respecto aos homes.