O monologuista Cándido Pazó actuará no centro cultural Irmáns Barcia en Padróns

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba convida a toda a veciñanza a pasar unha tarde de inxenio e humor co monologuista Cándido Pazó este sábado día 7.

Dentro do programa Cultura 24, que ofrece actuacións e actividades de lecer totalmente de balde en tódolas parroquias, o afamado Cándido Pazó actuará ás 19 horas no centro cultural Irmáns Barcia en Padróns.