
dav
Ata o día 14 de decembro todas as nenas e nenos poderán inscribirse no rexistro do concello
A concellería de Eventos que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández informa que dende o luns día 25 todas as familias interesadas poderán inscribir no rexistro de entrada da casa do concello aos seus fillos e fillas para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos que se celebrará o domingo 05 de xaneiro de 2020 e que percorrerá as rúas do centro urbano.
Cristina Fernández Davila convida a tódolas nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos a que participen como paxes das súas maxestades.
A solicitude poderase presentar ata o día 14 de decembro.