O Instituto Galego de Estatística está a realizar a ‘Enquisa estrutural a fogares’, unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros…
A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, tamén en Ponteareas. As casas da vila serán visitadas entre o 16 de maio e o 19 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado paa cubrir un cuestionario estatístico.
As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituo Galego de Estatística na que se lles informa do obxecto da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet, teléfono gratuíto ou poñéndose un enquisador en contacto co fogar), da obriga de facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988 do 19 de xullo de estatística de Galicia, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.
Os fogares seleccionados poden resolver dúbidas ou trasladar as súas consultas ao Instituto Galego de Estatística a través do teléfono gratuíto 900 102 104 en horario de 09.00 a 14.00 horas.