O grupo folclórico San Salvador de Padróns levará o son das súas gaitas ao Centro Cultural de Bugarín

Será o sábado 12 de novembro ás 18.30 horas ao abeiro do Cultura 24

O grupo folclórico San Salvador de Padróns levará o son das súas gaitas ao Centro Cultural de BugarínPonteareas énchese esta fin de semana música co programa Cultura24. O grupo folclórico San Salvador de Padróns levará o son das súas gaitas ata o Centro Cultural de Bugarín o vindeiro sábado 12 de novembro, unha actuación coa que achegar ao público a música que esta agrupación está a facer dende a súa formación na década dos 90 do século pasado.

A actuación será de balde a partir das 18.30 horas e estará aberta a todos os públicos. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a todas e todos os ponteareáns “a gozar dunha tarde de música con esta nova actividade do Cultura24, un programa co que buscamos ofrecer á veciñanza un amplo abano de actividades gratuítas ao tempo que dinamizamos as nosas parroquias, promocionamos a arte e visibilizamos ás nosas agrupacións musicais e culturais”.