O grupo folclórico Os Muíños de Oliveira porá a música no Centro Cultural Moreira o domingo ás 20.00 horas

A actuación forma parte do programa Cultura 24 do Concello que está a promover espectáculos en todas as parroquias do municipio

 

O grupo folclórico Os Muíños de Oliveira porá a música no Centro Cultural Moreira o vindeiro domingo ás 20.00 horas. A agrupación conta cun amplo repertorio con pezas tradicionais galegas que farán bailar a todas as persoas asistentes. A entrada é de balde. 

 

A través deste programa a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, procura levar a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila. O Cultura24 continuará coa súa oferta de actuacións en diferentes puntos do concello ata o vindeiro mes de outubro.