O grupo de teatro Pedra do Cabalo pon en escena “Queremos casar á filla!”

O grupo de teatro Pedra do Cabalo, de Celeiros, convídaos á desfrutar da obra de teatro “Queremos casar a filla!”. Unha obra coral que a partires dunha idea de Carmelinda Seoane porá en escena un enredo cómico donde uns pais de boa posición reciben unha proposición para casar á filla que ten outro mozo de aspecto rebelde.

Este domingo día 20 ás 19 horas, temos unha nova cita co teatro amador. A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recorda á cidadanía que o prezo do billete é de 2 euros.

As reservas poderán facerse no número de teléfono 672 105 472 de luns a venres de 8 a 15 horas.