O goberno de Ponteareas convida á cidadania á presentación do Plan Estratéxico “Hábitat Saudable”

O goberno de Ponteareas convida á cidadanía, asociacións, empresarios, comercio e colectivos a achegarse ao auditorio municipal este sábado día 15 de xullo para coñecer  os proxectos que se porán en marcha nos vindeiros meses, accións para as que se contará coa participación dos colectivos sociais, ademáis da participación do conxunto da Corporación.

O Alcalde de Ponteareas, acompañado do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo F. Lores, presentará este sábado día 15 ás 12 horas “Ponteareas, Hábitat Saudable”, a estratexia que sentará as liñas de futuro e a estructura de crecemento da vila.

Co claro obxetivo de que a prioridade é mellorar a calidade de vida da veciñanza, “Ponteareas, Hábitat Saudable” é unha estratexia na que a proteción do medio ambiente e do patrimonio cobran protagonismo, seguido da incorporación das novas tecnoloxías.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de urbanismo, Chus Garrote manifestou que as liñas xa están definidas pero os proxectos están abertos, polo que se realizará un intenso traballo de reunións de participación para concretar as distintas accións. Garrote indicou que unha das liñas de actuación máis inmediatas está relacionada co apoio á actividade comercial, mellorando o espazo urbano para favorecer a dinamización económica e o uso social dos espazos públicos.

“Ponteareas, Hábitat Saudable” conta co apoio dos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que lle concedeu unha subvención de cinco millón de euros.