O goberno sacará a concurso a concesión da cafetería do centro social

A concellería de Servizos Sociais do concello de Ponteareas que dirixe Manolo Troncoso informa que o concello procederá a sacar a concurso a concesión do servizo de cafetería do centro social da rúa Oriente. 

Para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades o goberno convocará un concurso para a explotación da cafetería situada no andar baixo do centro social durante un período de cinco anos prorrogable anualmente de ano en ano por acordo das dúas partes ata un máximo de dous anos 

Nos últimos meses, persoal municipal mantén o centro social aberto en horario de mañá e tarde para que as actividades que habitualmente se desenvolven no centro non se viran alteradas. 

O concesionario deberá abrir a cafetería todos os días da semana en diferentes horarios e encargarase sempre de abrir e pechar as portas do centro social ás 07:00 horas e ás 22:00 horas.