O goberno reunirase coa mocidade para analizar o fenómeno do botellón

Dentro do plan de análise de medidas do fenómeno botellón, a concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó e a concellería de Bo Goberno que dirixe Roberto Mera convocan un encontro coa mocidade este venres día 4 ás 20:30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.

Co obxectivo de coñecer o punto de vista da mocidade e dos colectivos xuvenís Roberto Mera e Miguel Bouzó falarán cos mozos e mozas para coñecer as súas motivacións e recoller as súas suxestións e trasladarlle a súa vez as principais queixas do resto da cidadanía coa intención de mellorar a relación e a convivencia.

Este fenómeno que se presenta como un modelo de lecer, diversión e socialización está a provocar, nalgúns casos, malestar entre o resto da veciñanza polos ruídos e sucidade que xenera.

O encontro que celebraremos pretende obter información e percepcións da propia mocidade, especialmente da que participa no botellón” ademais de atopar as razóns que fan que o 30% da mocidade participe.

Mera engade que en base a toda a información recollida tras terse reunido coa Policía Local, cos afectados, coa comunidade educativa, co sector de sanidade, co CIM e agora coa mocidade, plantexarase unha batería de ideas que atenúen o impacto do botellón e que supoñan alternativas de lecer.