O goberno municipal xa ten presentado e aprobado un plan plurianual para os anos 2014 a 2016 no cal se marcan as medidas e actuacións a realizar


concelloO Alcalde Salvador González Solla, sae o paso das manifestacións vertidas nos medios de comunicación polo BNG acerca do Presuposto municipal, e afirma que nestes últimos tres anos non se pudo aprobar un presuposto porque este Concello estaba imposibilitado para poder facelo, xa que segundo a normativa vixente, o feito de ter unha situación de remanente negativo de tesourería muy elevado, como era o caso, ou presentar uns saldos pendentes de cobro sin provisionar, como tamén era o caso, o Ministerio de Facenda obrigaba a esta Corporación municipal a depurar os saldos erróneos das contas, e a aprobar un Plan de Saneamento Económico-Financeiro.

Segundo Solla, todo este traballo foise facendo nestes últimos anos e moitas das medidas e actuacións tomadas por este Goberno para conseguir equilibrar os gastos cos ingresos reais, todavía foron aprobadas definitivamente no mes de abril deste ano e outras ainda se está a traballar nelas.

Para este Goberno, o que resulta curioso é que sexan agora o BNG e o PSOE os que queiran apurar os presupostos, cando o único que levan feito ata agora é por trabas e votar en contra de todas e cada unha das medidas que este Goberno propón o Pleno municipal, e que son imprescindibles e necesarias para poder empezar a falar da elaboración dun presuposto real.

A Concelleira de Facenda, Belén Villar, considera que un presuposto sí é importante como instrumento de control, pero o que realmente marca as actuacións que se están levando a cabo neste Concello é o Plan plurianual para os anos 2014-2016 de saneamento económico financiero aprobado polo Pleno municipal en decembro de 2013.

Por outra banda, continúa Villar, o gasto máximo autorizado para poder cumprir coa Lei de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financeira é de 9 millóns de euros, e se temos en conta o que este Concello gasta en persoal, en enerxía eléctrica, na recollida e tratamento do lixo e nos servizos que presta, temos que o 95% do gasto que este Concello pode acometer xa nace comprometido, polo tanto o marxe de maniobra que ten este Goberno é moi reducido, e isto vai a seguir sendo así, continúa a concelleira, como mínimo ata finais do ano 2016, porque a obriga e a intención deste Goberno é lograr ter a débeda histórica deste Concello a cero.

Respecto a incapacidade e falta de previsión que afirma o Sr Represas do BNG que ten este Goberno, decir que os resultados avalan a xestión que se está a facer, e froito delo é que nos últimos tres anos reduxéronse os gastos municipais en mais de 1 millón de euros, ademáis de reducir a débeda en 4,5 millóns de euros, de pechar os exercizos económicos con superavits de 1,5 millóns de euros, e o mais importante é que se está pagando ó día as nóminas dos traballadores e as facturas con todas as empresas que traballan para este Concello.

Finalmente, o Alcalde quere aclarar que as modificacións presupuestarias que se levan o Pleno, habería que levalas igualmente ainda que hubese presuposto para este ano 2014, porque correspóndense a gastos ou subvencións que a principios de ano non se coñecen, e que de non destinarse a partida municipal necesaria, perderíanse eses cartos, é o caso da obra da reforma na plaza de abastos, da obra de reforma do edificio do Concello, da mellora de camiños rurais, etc.

O Goberno municipal, considera que a política que están a facer tanto o BNG como o PSOE  é unha crítica constante con total falta de propostas coherentes e razoadas para sanear este Concello.