O goberno municipal revisa todas as contratas municipais na búsqueda de aforros

logoO Goberno local está a revisar o Contrato da Recollida de Lixo e Limpeza viaria porque supón un gasto de mais de 1 millón de euros o ano para as arcas municipais.

A auditoría do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria realizada orixinou uns expedientes que na actualidade están abertos.

O Goberno local aprobou no Pleno municipal do mes de decembro de 2013 un Plan de Saneamento Económico-Financeiro 2014-2016 que fixa as liñas de actuación para os tres anos futuros, e onde se recollen as cantidades previstas de ingresos que vai ter o Concello neses anos e os gastos máximos nos que pode incurrir cada unha das Concellerías neses anos, para que este Concello non só poida pagar as débedas que contrae agora, senon tamén todas as débedas de anos anteriores, e cumprir así coa Lei 2/2012 de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financeira, obrigatoria.

Como xa se ven facendo en outras areas, como alumbrado, telefonía, distribución de auga, depuración…, tamén se está a traballar na revisión do Contrato de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria que este Concello contratou a finais do ano 2006 e que supón na actualidade un coste de mais de 1 millón de euros o ano, para tratar de conseguir un aforro no mesmo.

Para levar a cabo esta revisión do Contrato de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria amáis de contar co persoal propio do Concello contratouse unha empresa externa para a realización dunha auditoría do servizo e para o estudio de todas as cláusulas do Contrato que poidan ser obxeto de revisión, sempre en defensa dos intereses municipais. Co cal está mais que xustificado destinar unha partida económica para este traballo.

Na actualidade, tal como manifestou o Concelleiro de Servizos Comúns no Pleno, D. Jesús Cao, da auditoría do servizo resultaron varios expedientes que se lle aperturaron a empresa adxudicataria do servizo, e a día de hoxe están abertos, non como afirma o Sr Represas do BNG que foron pechados.

O Concelleiro, D. Jesús Cao dille a oposición, tanto os sres do BNG como os señores do PSOE, que o Goberno local está a traballar para defender os intereses dos vecinos e veciñas deste municipio, e que neste caso existe a posibilidade de reducir o importe que se ven pagando polo servizo de recollida de lixo, limpeza viaria e mantemento do punto limpo, e isto é no que se está a traballar nestes momentos e dende fai tempo, dada a dificultade que ten revisar un contrato asinado de longa duración (16 anos) e dunha cuantía tan importante, precisa dunha negociación entre as duas partes, e este Goberno esixe a empresa adxudicataria que a reducción no prezo do Contrato non afecte nin a calidade dos servizos prestados os veciños, nin ó persoal que o presta.

Segundo o alcalde, Salvador González Solla, o Sr Represas debería saber que non se pode falar de rebaixas de contrato, nen de aforros de 500.000 euros, ata que estes sexan en firme, e para reducir calquer importe no Contrato da empresa que ten a adxudicación do lixo, primeiro debe ser o Pleno municipal quen acorde esta rebaixa. Veremos, afirma o alcalde, si cando o Goberno propoña o Pleno esta modificación do Contrato os Sres do BNG votan a favor ou non.