O Goberno local proporá o Pleno municipal na vindeira semana modificar o presuposto para incrementar o importe para as axudas de emerxencia social, co cal pretende destinar neste ano 2014 unha cantidade de 45.000 euros dos seus fondos municipais a atender ás familias con maiores dificultades económicas, o que demostra unha vez mais que sigue apostando polos servizos sociais e traballa na búsqueda de iniciativas que beneficien os veciños pontareanos e que lles axuden a sortear a crisis que sofren as familias nestes momentos.
Segundo a Concelleira de Facenda Belén Villar, a partida económica para as axudas de emerxencia social incrementarase con respecto o ano 2013 nun 80%, porque este Goberno é consciente da situación de extrema dificultade que moitas familias pontareanas están a vivir.
Tamén sostén a Concelleira de Facenda que se está a traballar por parte da concellería de servizos sociais que dirixe Rosa Carrera na elaboración dun Regulamento das Axudas de Emerxencia social, co fin de que se regule a asignación deste tipo de axudas, así como os requisitos para acceder as mesmas.
Son axudas sempre para familias que viven sen un mínimo de ingresos e que teñen unha situación límite que provoca a súa exclusión social, e o tipo de gastos que se poden incluir dentro deste tipo de axudas son os alugueres de vivendas, o consumo eléctrico, o consumo de auga, e tamen o suministro de alimentos, entre outros.