O Goberno local lamenta as críticas do PP á limpeza do cemiterio

A Concellaría de Seguridade Cidadá decidiu ordenar a limpeza e arranxo do cemiterio para que todas as familias puideran facer a súa ofrenda e honrar nunhas condicións óptimas aos seus defuntos como é tradición por estas datas

Lamentamos fondamente que o PP critica esta actuación e que lle moleste  cando este Goberno actúa ben”, sinala a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

O Concello de Ponteareas quere aclarar que encargou o subministro de material do que non dispuña, a unha empresa local de Ponteareas especialista nestas tarefas, contribuíndo así ao crecemento da vila. Estes traballos, excepto a tala dunha árbore, foron realizados polo sepultureiro municipal, encargado nas súas funcións de coidar do estado do cemiterio municipal. “Hai que agradecer o  arduo traballo ao sepultureiro, pois co seu esforzo acadou unha óptima imaxe do cemiterio nestas datas de lembranza dos nosos defuntos”, engadiu a edil Fernández. Outro material empregado no arranxo e coidado do camposanto foi recuperado de dependencias municipais onde estaban en desuso.

“Non nos costa no Concello ningunha queixa sobre o estado do cemiterio, que ten un mantemento diario por parte do traballador municipal”, explica a edil.