O goberno local esixe á Xunta o pintado inmediato da Avenida de Castelao

dav

Lembran que é competencia da administración autonómica

A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, instaron á Xunta de Galicia a concluir de inmediato os traballos de pintado na Avenida de Castelao. Os dous concelleiros comparten as queixas e preocupacións veciñais e aclararon que “se trata dunha vía que é competencia da Xunta de Galicia polo que as obras pendentes de executarse non son responsabilidade do Concello”.

O goberno local explica que esta situación é consecuencia da falta de previsión na execución dos traballos pois ao concluir o asfaltado houbo días con boa climatoloxía que non se aproveitaron. Ademais, Garrote e Mera advirten que a vindeira semana as previsións son favorabeis “polo que estaremos moi atentos a que a Xunta conclúe o traballo”.

A pesares de ser obriga da Xunta, o goberno local decidíu instalar uns valados con sinalización provisional nos pasos de peóns, nos que en todo caso existe sinalización vertical que os condutores deben respectar.

A falta de pintado da avenida desde hai case dous meses está creando, segundo Garrote e Mera “serios problemas para a seguridade vial, especialmente para os peóns, pola falta de pintado dos pasos de peóns, pero tamén para os vehículos en zonas de interseción e de refuxios para realizar xiros”. A Avenida de Castelao é unha arteria principal da rede viaria urbana, cunha grande densidade de poboación e de tráfico.