O Goberno local aproba a concesión definitiva das axudas ás entidades deportivas

As entidades deportivas teñen até o 30 de novembro para xustificar as subvencións para acceder á contía máxima accedida

portal-transparencia-benito

Para o abono do 100% do importe destas subvencións concedidas será imprescindible acreditar polas 23 entidades beneficiarias a aplicación efectiva dos fondos percibidos con destino á finalidade que motivou a concesión mediante a presentación da documentación debidamente cumprimentada.

As axudas  teñen como obxectivo a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva e perseguen a creación de canteiras de deportistas no Concello de Ponteareas, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo. O importe total a conceder nas subvencións é de 40.000 Euros.

O listado de clubs con acceso ás axudas está xa publicado no táboa de anuncios do Concello e na páxina web.