O goberno informa á veciñanza de Ribadetea e Padróns das condicións que permitirán o remate das obras na EP-2703

dav

O goberno local do BNG-PSOE informa á veciñanza de Ribadetea e Padróns das condicións que permitirán a execución e remate das obras da estrada EP-2703 Pazos-Ponteareas.

A obra atópase na actualidade sinalizada con pintura amarela de obra, pendente de asfaltar con aglomerado de cor vermella que, polas súas características técnicas, require dunha determinada temperatura ambiente para a súa execución. O goberno traslada á veciñanza que as previsións iniciais de realización das obras tiveron que retrasarse polos trámites administrativos para incluír as cesións de terreos logradas despois de licitar o proxecto, mellorando así o resultado final da obra no seu conxunto.

As condicións climatolóxicas destes meses imposibilitan realizar o asfaltado por precisar non só varios días secos, se non tamén unha temperatura ambiental determinada con pouca porcentaxe de humidade para unha axeitada aplicación do aglomerado especial.

A empresa adxudicataria estuda semanalmente as previsións climáticas para que no momento en que se dean as condicións óptimas proceder a informar á veciñanza e a coordinar o asfaltado da zona de actuación que se desenvolverá en tres días (venres, sábado e domingo) quedando cortada totalmente ao tráfico este tramo no sábado e no domingo.

No momento en que se vaian producir as obras o Concello informará á veciñanza e ás empresas dos días que se pechará ao tráfico ademais de colocar sinalización vertical indicando os desvíos.