O goberno de Ponteareas convoca un encontro cos colectivos sociais para tratar as actuacións da estratexia “Hábitat saudable”

O goberno de Ponteareas aposta unha vez máis pola participación para concretar os proxectos a executar con cargo aos fondos europeos da estratexia “Ponteareas Hábitat Saudable” 

No marco destes encontros, terá lugar a quinta sesión da comisión informativa da Corporación na que están representados todos os grupos municipais este xoves día 26. O goberno trasladará aos asistentes a obtención do premio da 14º Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo á estratexia “Ponteareas, Habitat Saudable”. A reunión será no concello ás 11:30 horas e nela tratarán sobre as actuacións e proxectos que está previsto o inicio de execución neste ano 2018.

Tamén dará conta dos avances e estado da estratexia e a nova convocatoria dos colectivos sociais o vindeiro día 31 para organizar distintos grupos de participación sectorial para consulta e aportacións sobre actuacións como  o centro de innovación e emprendemento a ubicar na Praza Maior, os futuros usos tanto das vivendas sociais nas dos mestres valeiras que se prevé rehabilitar ou do centro de identidade local, a realización dun sistema de calefacción dos edificios públicos con biomasa forestal, entre outras liñas de actuación previstas na estratexia. “O obxectivo é abrir liñas de traballo e colaboración cos colectivos sociais para concretar os investimentos a realizar cos fondos europeos da estratexia”, manifesotu o alcalde, Xosé Represas.

O goberno convocará unha reunión aberta con colectivos de ámbito social, comunidades de montes, mendioambientais, culturais, etc.