O Goberno de Ponteareas afirma que os orzamentos municipais de 2016 contan cos informes favorables para a aprobación definitiva

“Os grandes irresponsables son os concelleiros do Partido Popular que incapaces de aprobar un só orzamento en 5 anos, agora só saben por paus nas rodas” replican dende o goberno local sobre ás falsidades vertidas polo Partido Popular

O Goberno Local de Ponteareas saiu ao paso das falsidades e ameazas vertidas polo Partido Popular sobre a tramitación do orzamento municipal que hoxe vai a Pleno para a súa aprobación definitiva. O concelleiro de Facenda, Francisco F. Alonso, entende o nerviosismo do PP ao quedar unha vez máis en evidencia a súa incapacidade para xestionar o Concello de Ponteareas “quen non fixo nada en 5 anos para aprobar uns orzamentos, non ten lixitimidade nin credibilidade para falar de tramitación da documentación económica, e menos tentar dar leccións de legalidade quen está imputada pola súa xestión no Concello”, afirmou Alonso en referencia a Belén Villar e a súa imputación na operación Patos.

O Concelleiro de Facenda tilda de irresponsables son concelleiros do Partido Popular que “incapaces de aprobar un só orzamento en 5 anos, agora só saben por paus nas rodas e tratar de alarmar con afirmacións sen fundamento”

Alonso acusou ao PP de “non pensar nos cidadáns, só lles preocupa o seu propio interese partidista, están en campaña permanente, parece que canto peor lle vaia ao Goberno de Ponteareas, mellor para o PP. Nun desexo egoísta, non lles importa o futuro do Concello, que deixaron nunha situación máis que precaria, con débedas e problemas xudiciais sen resolver”, manifesta o concelleiro de Facenda.