O goberno continúa coas reunións cos veciños sas diferentes parroquias

Este venres, 20 de novembro, terá lugar un encontro en Bugarín e o sábado, 21 de novembro, en Santiago de Oliveira

O goberno local continúa coa axenda de reunións enmarcadas na política de información e transparencia á que se comprometeu o executivo municipal cos ponteareáns.

O venres, 20 de novembro, a partir das 20:30 horas, dará comezo o encontro cos veciños de Bugarín, na Casa Cultural desta parroquia. O sábado, 21 de novembro, a partir das 20:00 horas, terá lugar a reunión coa veciñanza da parroquia de Santiago de Oliveira, na Casa Cultural Valverde.

As reunións teñen como finalidade explicar aos ponteareáns a “difícil situación” na que o novo goberno local atopou o concello, o traballo que se estivo desenvolvendo nestes cinco meses e os obxectivos que o goberno se marca para o vindeiro ano 2016.

Nestas reunións o goberno local está informando sobre os criterios que se están seguindo na elaboración dos orzamentos de 2016 e aproveitando para recadar opinións dos veciños que axuden a mellorar eses presupostos.