O fútbol club Xinzo organiza o IV triangular

O fútbol club Xinzo organiza en colaboración co concello de Ponteareas o IV Triangular que terá lugar mañá sábado día 31 a partir das 17:30 horas no campo Eido D´Albo de Xinzo.

Ás 17:30 horas o Progresista xogará contra o Louro, ás 18:30 horas o F. C. Xinzo e o Louro veránse as caras e ás 19:30 o F. C Xinzo contra o Progresista.