O Festival Algazara regresa tras dous anos de parón para celebrar o seu 25 aniversario

O Festival Algazara regresa tras dous anos de parón para celebrar o seu 25 aniversario

Será este domingo 11 (17.30 h) na sala multiúsos do auditorio municipal cunha versión reducida e entrada de balde

O Festival Algazara volve tras dous anos de parón pola situación sanitaria e faino con máis ganas e ilusión que nunca. Este domingo 11 de decembro a Agrupación Folclórica Algazara celebrará, en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, o 25 aniversario deste festival co que cada ano a entidade poñía punto e final a doce meses de intensa actividade.

Unha data moi sinalada que, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, suporá o regreso deste encontro “cunha versión reducida e tranquila pero con moita ilusión por recuperar a normalidade”. Nesta XXV edición, ademais da actuación da agrupación natural da parroquia ponteareá de Celeiros, será posible gozar do espectáculo ofrecido polo Grupo Folclórico de Barcelinhos, procedente da localidade lusa de Barcelos, e das actuacións dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Lupe Blanco.

O festival celebrarse ás 17.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal con entrada de balde ata completar aforo.