O espectáculo “ O ratiño presumido”, dentro do programa Apego, aprázase para o sábado día 16 de marzo

O ratiño presumido” , de Trinketrinke Teatro, programado para o día 8 de marzo dentro do programa Apego, aprázase para o sábado, día 16 de marzo, ás 12:00 horas na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo.

Trinketrinke porá en escena a obra “O ratiño presumido”, onde a gra Lilí Gruyére vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical “A Ratiña Presumida”, mais dedide facer a súa propia versión: “O Ratiño Presumido”, que será representado polos pais e nais asistentes (ou polos nenos e nenas).

Actividade recomendada para nenas e nenos de 3 a 7 anos, para poder poder asistir cómpre facer a preiscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.