O equipo feminino do CN Ponteareas, campión galego infantil de verán

O equipo feminino do CN Ponteareas, campión galego infantil de veránO club regresou da competición con 14 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce

 

Segunda cita autonómica da natación galega en dúas semanas e grande éxito do equipo feminino do Club Natación Ponteareas, que regresou do Complexo Deportivo Rías do Sur convertidas en campioas galegas infantís de verán.

 

Tras o algo nivel demostrado na liga durante toda a tempada, as 8 nadadoras que acudiron á cita regresaron con 14 medallas de ouro, 4 de prata e 2 de bronce. É de destacar especialmente a vitoria en todas as probas de relevos disputadas en Pontevedra.

 

A clasificación xeral conxunta quedou encabezada polo Club Náutico Portamiñá, campións galegos, seguidos polo CN Ponteareas.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, traslada en nome de todo o goberno local os parabéns a todo o equipo feminino do club por eses magníficos resultados, así como ao resto de nadadores e nadadoras polo esforzo que realizan cada tempada e ao club por todo o traballo que desenvolve na formación de novos valores deportivos”.