As nadadoras do equipo feminino do Club Natación Ponteareas categoría Máster proclámanse campioas galegas de inverno

Ademais o equipo de relevos estableceu a mellor marca galega

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, en nome de todo o grupo de goberno felicita ao Club Natación Ponteareas polos excelentes resultados que acadaron esta fin de semana no Campionato Galego de inverno Máster desputado no complexo deportivo Frigsa de Lugo no que o equipo femino acadou o ouro no podium e os relevos as mellores marcas.

O Club Natación Ponteareas informa que ademais das numerosas, medallas tanto en probas individuais como en relevos, as e os nadadores ponteareás estableceron a Mellor Marca Galega de relevos: 4x50m Estilos mixto cat.+80 e cat.+280 e do 4x50m. Estilos Femenino cat. +200

Nahir Covelo felicita tamén ao equipo feminino que se proclamou Campión Galego de inverno, quedando o equipo masculino do CN. Ponteareas terceiro clasificado e o equipo conxunto segundo na xeral final. O Club campión, o CN Portamiñá de Lugo, foi tamén o organizador e o anfitrión do torneo.

Con estes magníficos resultados o equipio Máster afronta a próxima xornada de liga galega na casa, no complexo deportivo Álvaro Pino en febreiro, e volverá ter a oportunidade de acadar o campionato galego en Ourense en xuño.”, explica a directiva do Club Natación Ponteareas.