O Día Internacional do Libro ven cargado de sorpresas!!!

A biblioteca pública municipal prepara contos e representacións dixitais

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba ultima as actividades coas que soprenderá aos e ás máis pequenas dos fogares con motivo do Día do Libro que se celebra este xoves día 22.

Para ir preparándonos mañá mércores día 22 ás 18 horas compartirán no facebook de Cultura e Turismo Ponteareas un vídeo de Eduvía Xestión, Cultura e Lecer que nos quere agasallar o fermoso e divertido conto “A árbore da escola”.

E para o xoves, Día Internacional do Libro, a biblioteca pública municipal prepara a presntación dun contacontos dixital que se fará público na rede social facebook a partir das 18:00 horas. No facebook Cultura e Turismo Ponteareas os e as máis pequenas desfrutarán cunha representación dixital dos contos de Pablísimo en exclusiva para Ponteareas.

Co obxectivo de celebrar este día e de promover a lectura, habitualmente a biblioteca organiza por esta datas un contacontos para que os máis cativos/as poidan gozar destas actividades en directo pero debido ao estado actual de alarma é necesario cambiar o formato. Por primeira vez os nenos e nenas de Ponteareas poderán asistir a este contacontos dende a súas casas con tan só conectarse ao facebook Cultura e Turismo Ponteareas ou no twitter @visitponteareas