O Cultura24 leva aos Alecríns San Mateo de Oliveira

O Cultura24 leva aos Alecríns San Mateo de OliveiraO programa Cultura24 volve esta fin de semana cunha programación de lecer aberta a todos os públicos e coa que a Concellaría de Cultura dirixida por Fernando Groba busca “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”.

 

O sábado 17 de xullo será a quenda da Charanga Alecríns, unha agrupación de Xinzo con máis de dunha década de experiencia que alegrará a xornada ao público asistente no Centro Cultural de San Mateo de Oliveira. A cita será ás 21.00 horas.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a asistir e gozar das actuacións do programa Cultural24, que naceu tamén “para dinamizar os centros culturais e o tecido creativo do municipio”.