O Corpus arranca coas actividades lúdicas e didácticas de “Brincamos” para os máis pequenos

A Concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, presenta a segunda edición de “Brinquemos” con xogos populares e tradicionais nas Prazas Bugallal e Maior.
En colaboración cos centros educativos e alumnado que participa guiando o xogo dos máis pequenos a Concellería de Ensino do Concello de Ponteaeras quere por en valor e recuperar para os cativos da vila xogos como a chave, o aro, a comba, os trompos, os trespés, a búsqueda do tesouro, as carreiras de sacos, a mariquitilla…
“Son xogos para tódalas idades nos que tamén poden participar os nosos maiores ensinándolles ou explicándolles as regras de xogo. Os xogos tradicionais e populares normalmente son dinámicos e de habilidade que obrigan aos nenos a estar activos e traballar a coordinación”, explica Cristina Fernández.
Mañá venres día 16 e como arranque das festas do Corpus de Ponteareas todo o mundo poderá participar na segunda edición de Brincamos a partir das cinco da tarde.

No caso de alerta pola calor, as actividades do Brincamos trasladaran ao patio cuberto do Colexio Fermín Bouza Brey.