O Conservatorio Reveriano Soutullo comunica o prazo de inscrición para o Grao Elemental

conservatorioO Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo vén de comunicar que o prazo para inscribirse no primeiro curso de Grao Elemental comeza o vindeiro 9 de xuño e remata o próximo 20 de xuño, ámbolos dous días inclusive. Todas aquelas persoas interesadas poden facelo no propio conservatorio en horario de 15:00 a 22:00 horas.

A proba de admisión realizarase o día 25 de xuño ás 11:00 horas. O día anterior, o 24 de xuño, todos os alumnos matriculados poderán asistir a un cursillo no que ademais poderán coñecer todas as especialidades instrumentais que se imparten no centro.