O Conservatorio Municipal abriulle as portas ás nenas e nenos do Campus Tea

O Campus Tea, organizado dende a concellería de Ensino dirixida por Cristina Fernández, vén de desenvolver unha visita ao Conservatorio Municipal o pasado 20 de xullo no que os cativos puideron desfrutar dunha xornada en contacto coa música e os intrumentos que lles mostraron os profesores de distintas especialidades: Piano, percusión, violín…
A pequena excursión servíu para que preto dun cento de rapaces e as rapazas inscritos no campamento urbano, coñeza un edificio municipal emblemático que abriu as súas portas para mostrarlles a súa actividade musical e pór en valor a arraigada tradición da nosa cidade.
Seguindo a pauta de actividades no exterior do campamento, esta semana os nenos e nenas do Campus-Tea achegaranse ás instalacións dos Bombeiros e Policía Local de Ponteareas o 26 de xullo e farán unha visita guidada á Feira do Libro o día 28.
O vindeiro luns, día 31, finalizará a segunda quenda do Campus. Xornada na que se farán distintas actividades e xogos populares cos pequenos/as e os seus pais e nais.
Cristina Fernández quere “agradecer a colaboración do persoal do Concello que acolle en numerosas ocasións aos cativos, facéndolles partícipes da súa labor en beneficio da cultura, da educación e da seguridade da cidadanía. É importante que o alumnado sexa consciente da labor social e pedagóxica que realizan todos eles”.
O vindeiro mércores día 26 visitarán os bombeiros e a Policía Local o venres día 28 terán unha visita guiada á I Feira do Libro rematando o campamento cunha festa para nais, pais e alumnos nas instalacións do Colexio.