O concerto Vai de Amores! reúne a varios referentes musicais

A terceira edición do recital terá lugar o domingo, 10 de abril, no Auditorio Reveriano Soutullo

 

Vai de Amores 2016-webAlejo Amoedo, pianista de Cámara , profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo e unha das autoridades máis importantes en torno a figura de Reveriano Soutullo; a Mezzosoprano Iria Cuevas; María Ánxeles Babarro, soprano e directora do Coro do Colexio de Avogados de Vigo; o gaiteiro Abraham Fernández acompañado dos costarricenses José Andrés Calvo e Luis Gonzalo Vásquez, especializados no violín e na frauta travesera, respectivamente; o grupo Sadeo; Ronco&Fol; Mínima Son; e Os Tapias de Coruxo conforman un cartel de auténtico luxo para celebrar a terceira edición do concerto Vai de Amores!, enmarcado na programación cultural do mes de abril deseñada pola concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista.

 

O recital, organizado polo comercio TEQUELETEQUELE, Cultura e Folclore Galego, terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo a partir 18:00 horas do vindeiro domingo 10 de abril e a entrada será gratuíta.