O concerto de Cristian Silva pecha o LII Concurso de Gaitas do País mañá na Feira Vella

O LII Concurso de Gaitas do País chega mañá sábado ás rúas e ao auditorio municipal Reveriano Soutullo. Esta nova cita co concurso de gaitas máis antigo de Galicia será ás 17 horas no auditorio, logo de percorrer as rúas do centro urbano dende ás 16:30 horas con saída dende o concello.

Nesta edición o encargado de pechar o Concurso de Gaitas será o produtor e músico galego, Cristian Silva. Polifacético e con dominios en moitos estilos e diversos instrumentos, posúe unha ducia de primeiros premios en concursos de música tradicional, gañando co cuarteto O Chupacabras e o cuarteto Canle Dadá a maior parte dos certames emblemáticos de Galicia como o noso propio concurso.

O concerto de Cristian Silva será ás 22:30 horas totalmente de balde no parque da Feira Vella e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.