O Concello mellora a sinalización horizontal de Ponteareas

 

Destináronse 12.000 euros do Plan Concellos 2021 para realizar traballos relacionados coa mellora da seguridade

 

O Concello levou a cabo durante os últimos meses traballos de mellora da sinalización horizontar de Ponteareas co obxectivo de “contribuír de xeito eficaz a unha mellora da seguridade viaria en distintos puntos da vila”, como salientou o Concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera.

 

A concellaría investiun total de 12.000 euros concedidos ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra para a realización de traballos relacionados coa mellora da seguridade, que se centraron especialmente no pintado de pasos de peóns do casco urbán de Ponteareas tanto con pintura acrílica ou pintura bicompoñente en frío, con microesferas de vidro con antideslizantes.

 

Con estas actuacións “continuamos avanzando en materia de seguridade cidadá para facer de Ponteareas un municipio cada vez máis seguro, tanto para os peóns como para os condutores e condutoras”, explicou Mera.