O Concello mellora a mobilidade e seguridade do Centro Cultural de Ribadetea cunha nova rampla peonil e o valado da terraza

O Concello mellora a mobilidade e seguridade do Centro Cultural de Ribadetea cunha nova rampla peonil e o valado da terraza

 

O proxecto contou cun investimento de máis de 35.500 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra

 

O Centro Cultural de Ribadetea conta xa cun acceso renovado que mellora a mobilidade e a seguridade das instalacións. O Concello de Ponteareas levou a cabo as obras para complementar o acceso existente, traballos que consistiron na creación dunha rampla á fronte da edificación que facilitará a accesibilidade e que permitirá o acceso directo exterior á cafetería e á terraza a través dunha pasarela metálica sen necesidade de acceder ao salón de actos.

 

“Todas estas actuacións supoñen un gran cambio para o Centro Cultural, xa que ademais de mellorar a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida dotouse á terraza dunha maior seguridade coa instalación dunha varanda, ademais da súa pavimentación e impermeabilización”, salientou o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

 

O proxecto contou cun investimento de máis de 35.500 euros que foron financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.