O Concello licita catro postos no mercado municipal

IMG_4458A concelleira de comercio e industria de Ponteareas, Marisol Valado, ven de anunciar a licitación, de catro postos no mercado municipal de abastos, a través de un concurso público, para optar a unha concesión de explotación dos mesmos.

Trátase dos postos números 28 e 29, na pranta de peixe, recentemente remodelada de xeito integral, e os números 18 e 20 na pranta de carne. A súa superficie está entre os  8,50  e os 22,15 metros cadrados

Os novos postos, destinaranse a venda de produtos ao menor ou prestación de servizos, e non poderán destinarse a aquelas  actividades comerciais xa presentes no mercado.

Salientar que son varias as avantaxes que esta nova licitación ten para os interesados. Por un lado, os prezos de adxudicación, supoñen un baixo custo  por metro cadrado, en relación a os prezos dos locais comerciais, de renta libre na zona. Os servizos comúns e de mantemento, correspóndelle ao concello e os novos adxudicatarios contarán cunha garantía de afluencia de público, atraido polas novas ofertas de actividades, convertindo o mercado nunha nova área comercial.

É de destacar tamén, o longo prazo das concesións que terán unha duración de 15 anos, admitíndose unha prórroga de 5 anos, ata completar un máximo de 50 anos.

“Con esta nova licitación, axudamos a que novos emprendedores poidan acceder a unha actividade económica, ao mesmo tempo que ampliamos a oferta de servizos do mercado municipal”, destaca Valado.

O prazo de solicitudes e de 30 días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación da licitación no BOP nº 62 de 1 de abril.

A puntuación do concurso,  outorgarase en función de criterios técnicos como: plan de negocio, plan de marketing,  forma de presentación dos produtos ou servizos a prestar, e tamén por  obras de decoración ou mellora estrutural do posto. Os criterios económicos tamén serán puntuados atendendo a: mellor oferta económica e melloras do negocio, como venta por internet, pago con tarxeta ou entrega a domicilio.

O alcalde Solla, di “estar moi satisfeito pola nova licitación, remarcando que a plaza de abastos experimentou unha grande transformación nos derradeiros anos, despois dunha inversión de perto de 800.000 euros en obras de rehabilitación. O mercado de abastos volve a ser o eixo vertebrador e dinamizador do comercio de proximidade en Ponteareas, e o marco de referencia para a comarca”.

Para mais información, os interesados poden consultar o  prego de condicións, na secretaría xeral do Concello de Ponteareas (Xardíns da Xirada s/n 36860 Ponteareas. Teléfono 986 64 00 00, fax 986 ).