O Concello informa que non se poden celebrar fogueiras de San Xoán en solo público. Descargue aquí o formulario para celebrar unha fogueira de San Xoán en terreo privado

Formulario fogueira San Xoan–

Bando fogueira San Xoan (1)

O Concello de Ponteareas informa que, como consecuencia das normas ditadas pola Xunta de Galicia e da situación excepcional provocada pola COVID-19 este ano non se poderán celebrar as tradicionais fogueiras de San Xoán en solo de espazos públicos.

 

O Concello aclara que si se permite a realización de fogueiras en terreos particulares debendo respectarse as condicións do plan para a transición cara a unha nova normalidade sempre e cando se teña comunicado previamente ao Concello por escrito a intención de realizar unha fogueira na noite do 23 ao 24.

 

Aqueles e aquelas que queiran ter unha fogueira de San Xoán na súa propiedade deberán descargar este formulario e remitilo á Policía Local a través do rexistro de entrada do Concello Formulario fogueira San Xoan–

 

Ademais, deberanse cumprir as normas de seguridade que se detallan no seguinte bando municipal colgado na sede electrónica da páxina web do Concello, no taboleiro de anuncios  Bando fogueira San Xoan (1)

 

A queima de pneumáticos, botar ao lume recipientes con líquidos inflamables ou gases a presión, a axeitada ubicación da cacharela ou o apagado total das cinzas son algunhas das medidas de seguridade que se deberán cumprir de xeito estricto.

 

Para máis información remitirse ao teléfono do Concello 986 64 00 00 ou da Policía Local 986 64 00 50.