O Concello informa dos cortes de rúas con motivo das celebracións de Corpus

O Concello de Ponteareas informa da modificación de regulación de acceso e estacionamento no centro urbano o sábado día 13, o domingo 14 e o luns 15 de xuño.

Con motivo do Corpus o peche de rúas será o mesmo que xa se está realizando os sábados e domingos, ampliando o mesmo tamén ao luns 15, festivo local.

Limitación de accesos

Do sábado ás 15:00 até o domingo ás 16:00 horas: Non se poderá acceder ás rúas Concha Brey, Virxe dos Remedios, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, A Calexa, Esperanza, República Arxentina, Ferreiros, Fernández Vega, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Morales Hidalgo e A Estrada.

Do domingo ás 16:00 até o martes ás 7:30 horas só poderán acceder as anteriores rúas os residentes.

 

Limitación de estacionamento

Do sábado ás 15:00 até o luns ás 22:00 horas estará prohibido o estacionamento nas rúas Constitución e Praza Bugallal.

Do sábado ás 15:00 até o domingo ás 16:00 estará tamén prohibido o estacionamento nas rúas Ferreiros, Fernández Vega, Esperanza e Reveriano Soutullo

O Concello agradece a toda a veciñanza a súa comprensión e solicita a colaboración no cumprimento das normas.