
Dende este luns 26 de decembro e até o domingo 8 de xaneiro incluido, a estrada Trobador X. G. de Guillade dende o cruce con Nardos até o CEIP Ramiro Sabell só será transitábel en vehículos a motor por residentes e usuarios dos servizos existentes neste tramo.
Que obra se realizará?
A obra que se executará é o formigonado da intersección sobreelevada entre a Estrada de Guillade e o acceso ao CEIP Ramiro Sabell (tal e como se fixo no cruce de Trobador Xoán García e a rúa Pedra de Auga).
Canto tempo durará a restricción de circulación?
Para o correcto curado do formigonado o tráfico manterase restrinxido até o domingo 8 de xaneiro incluido.
Como deben circular os vehículos autorizados?
A circulación no tramo restrinxido farase en dobre sentido, dando prioridade nos lugares con estreitamentos aos vehículos que circulen procedentes do centro urbano.
Porqué se anuncia con pouca antelación?
A execución desta parte da obra non se pode prever con máis antelación ao depender das condicións climáticas, xa que é preciso que non chova no intre do formigonado. Daí que se tomara a decisión con 24 horas de antelación, ao ter que agardar a contar cunha previsión meteorolóxica favorábel e segura. Faise agora aproveitando o período vacacional do Colexio Ramiro Sabell para minimizar o impacto da actuación.