O Concello dota á residencia municipal de maiores Santa Ana de novo equipamento

O Concello dota á residencia municipal de maiores Santa Ana de novo equipamentoIncorporáronse 25 colchóns e dúas camas articuladas con carro elevador ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019

 

O Concello de Ponteareas acaba de dotar de novo equipamento á residencia municipal de maiores Santa Ana, co obxectivo de continuar mellorando as instalacións e prestar así un servizo de calidade. A concellaría de Benestar Social, dirixida por Verónica Carrera, subministrou a este centro 25 novos colchóns viscoelast e dúas camas articuladas con carro elevador e somier eléctrico, colchón visco, trapecio e varandas metálicas.

 

O Concello dota á residencia municipal de maiores Santa Ana de novo equipamentoEste novo mobiliario e equipamento tivo un custo de case 6.500 euros que foi financiado ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 de subministros.

 

O Concello presta servizos asistenciais nesta residencia tras a transferencia de competencias realizada pola Xunta de Galicia. “Dende o Goberno municipal continuamos a dar pasos para que tanto o centro como as persoas que viven nel conten cos mellores servizos. A atención aos maiores é para nós unha prioridade”, destaca a edil de Benestar Social.