O concello delimita provisionalmente a fonte do Baratillo para proceder a súa reparación

Á espera do permiso da dirección xeral de patrimonio, a concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, procede a delimitar de xeito provisional o entorno da fonte do Baratillo para que non entrañe ningún risco para a cidadanía.

O muro que delimita esta céntrica fonte foi danado cando un vehículo impactou de madrugada deprazando a varanda granítica perimetral que acabou derrubada debido ao impacto. 

Mentres non chega a autorización de patrimonio para volver colocar as pedras orixinais cun camión grúa, a concellería de Vías e Obras sinaliza a zona como medida preventiva.