O Concello define as categorías das 34 persoas desempregadas que contratará

concelloNos vindeiros días o Concello de Ponteareas presentará na Oficina de Emprego  a oferta para contratar a 34 persoas con cargo á subvención da Deputación para o plan de emprego

O contrato terá unha duración de 2 meses cunha xornada de 35 horas semanais.

A selección efectuarase previa presentación de oferta de emprego por parte do Concello no Servizo Público de Emprego.

As profesións e códigos de ocupación que se solicitarán o vindeiro martes 13 de outubro na oficina de emprego serán:

 

OCUPACIÓN CÓDIGO CNO
–  4 peóns de vías e obras 96021013
–  4 peóns xardineiros/as 95121019
–  2 oficiais de segunda de oficios 71911012
–  5 oficiais albaneis 71211015
–  3 oficiais electricistas 75101033
–  1 oficial fontaneiro/a 72211012
–  2 limpador/as 92101050
–  1 peón de oficios diversos. 96021013
–  3 peóns grumir 59991036
–  2 auxiliares de policía local. 59231017
–  1 auxiliar administrativo/a 43091029
–  1 conserxe 58331022
–  2 Monitor/a de ocio e tempo libre 37241034
–  1 camareira/o  limpador/a 92101027
–  1 auxiliar de clínica 56111013
–  1 auxiliar de biblioteca 37331021

 

En Ponteareas, a 5 de outubro de 2015.

O Alcalde

Xosé Represas Giráldez